Adercou, Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, que xestiona fondos europeos no período 2014-2020, reuníuse este venres, 29 de setembro, ás 13 horas na súa sede no edificio CET (Centro Empresarial Transfronteirizo) no Concello de Barbadás, o seu presidente don Manuel Seoane cos promotores que solicitaron axuda Leader e recibiron resolución de concesión para este primeiro ano.
Os promotores que a través da liña Leader optaron a fondos europeos por concurrencia competitiva lograron acadar subvencións de ata o 50% da súa inversión.
Adercou neste ano 2017 adxudicou subvencións por un importe de 402.798,91 € para proxectos produtivos e no vindiero 2018 o importe será de 213.059,68 €. Esto non quere dicir que se agotara o orzamento do 2018 senón que é unha pequena partida porque hai obras que se executan en dous anos.
Nesta reunión entregouse a resolución de concesión aos beneficiarios por un importe total de 615.858,59 €. En total son 9 empresas de moi diverso tipo entre as que se atopan:
- Vivenda comunitaria para a terceira idade.
- Mini residencia en Coles.
- Ampliación de ventas online.
- Adega 4Ferrados.
- Edificio de fitosanitarios nunha adega.
- Procesado de mel.
- Venta de queixos on line.
- Modernización e diversificación dunha empresa maiorista de venta de froitas e verduras.
- Industria de pan e bollería.
Estes son os afortunados entre máis de 60 proxectos rexistrados neste ano, quedando esgotados os fondos. Os restantes proxectos presentados quedan en lista de garda para participar na seguinte convocatoria do ano 2018.Estes proxectos postos en marcha na Comarca de Ourense veñen a consolidar 36 postos de traballo e a nova creación de 15 máis, beneficiando deste xeito a poboación do noso rural, sendo este o obxectivo principal destes fondos xestionados polo GDR 11.