INTERRITMOS. Residencia artística en Toledo.

Interritmos 2025

Xa comezamos a vivir a máxica conexión entre Galicia e Andalucía na residencia creativa de INTERRITMOS, RAÍCES VIVAS na Casa de Paco de Lucía no marco da medida Leader de Galicia – PAC 2023_2027, un proxecto promovido por 11 GDR de Galicia coa colaboración de Fundación Paideia Galiza e Fundación Paco de Lucía.

Durante estes días, os nosos artistas emerxentes están a mergullarse nun proceso intenso de aprendizaxe, creación colectiva e encontro intercultural. Cada nota, cada estrofa e cada xesto constrúe unha ponte entre tradicións musicais que dialogan, se complementan e se fusionan.

Obradoiros con profesionais da talla de Antonio Carmona, Juan Luis Cano, Anxo Rodríguez, Gisela Renes, Maximiliano Calvo, Mariana Gyalui, Portu, Antwone López ou Paco Soto. Ensaios, improvisacións e moita ilusión… Aquí van as primeiras imaxes desta experiencia única que está a deixar unha fonda pegada en todos os participantes.

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad